Thursday 02 de May de 2024

A malla, máis viva ca nunca en Ardemil


Decenas de veciños, veciñas e visitantes non daba feito esta mañá para captar cos seus teléfonos móbiles todos os detalles da malla. Como cada ano a localidade de Ardemil reviviu esta tradición, empregando apeiros e maquinaria antiquísima que, a simple vista, costaba crer que puidese funcionar. Pero cumplíronse as expetativas e pouco a pouco o gran quedou foise gardando nos sacos e a palla amontoada no palleiro.
Todo isto grazas a Asociación Cultural Castro da Croa, que en colaboración co Concello de Ordes e varias empresas da zona levou adiante un programa no que figuraban tamén toda unha serie de actos e mostras de grande interese. Non faltou unha ampla exposición de tractores e apeiros doutras épocas. O ‘Dúo Suso’ e un grupo de gaitas puxeron a nota musical a unha festa que contou cun gran xantar popular con polbo e carne ao caldeiro.